A clase de hoxe comezou, como
de costume, coa audición dunha canción " Enola Gay" do grupo
Orchestra Manoeuvres in the Dark.
Acto seguido traballamos sobre
a aplicación nas aulas de Educación Primaria de dous vídeos:
- “Migración una oportunidad
para todos y todas”
- “Desigualdad de la riqueza
mundial”
Persoalmente, consideramos que
a clase foi moi interesante, posto que permitiunos máis que coñecer, comprender
e darnos conta das diferentes caras que ten a realidade que estamos a vivir
tanto a nivel de desigualdades sociais como económicas.
Se tiveramos que destacar
algo, salientaríamos a gran "manipulación" que unha vez máis dende os
medios de comunicación se fai de determinados temas. Este caso faise
especialmente sangrante cando cada día observamos nos informativos ou lemos nos
xornais que miles de persoas intentan entrar nun país de forma ilegal a través
de pateras, saltando reixas, metidos en maletas ou en partes de automóbiles
.... cando a verdadeira realidade é que a gran maioría da inmigración chega ao
noso país a través de aeroportos de forma totalmente regramentaria.
Do mesmo xeito, tamén se
obvian aspectos positivos para dar esa visión do medo e da deshumanización
daquelas persoas que ao contrario do que pensamos e nos fan pensar, aportan
aspectos positivos como a redución da taxa de avellentamento, realizan os
traballos que nós non queremos facer... a pesar de que por desgraza a maioría non ten
apenas dereitos humanos no noso país.
Xa para rematar con este breve
comentario, consideramos necesario resaltar varios aspectos polémicos algúns xa
traballados na aula como é a inmigración actual que estamos a vivir en
comparación con eses anos nos que a maioría dos españois emigraba cara outros
países máis ricos, agora esquecida pola inmensa maioría dos españois.
Ou a desigualdade económica entre
os países máis ricos e os máis pobres, a pesar de que nos propios países ricos
se está a xerar cada vez máis desigualdades creando así clases altas cuxa
riqueza e nivel de vida é moi superior ao da gran maioría da poboación do país.
Outro aspecto que foi
parcialmente tratado na aula, e que a nós nos chama especialmente a atención, foi a polémica relacionada co feito de que o “Enola
Gay” estea exposto nun coñecido e reputado museo norteamericano cando foi o
encargado de transportar a bomba atómica que acabou con miles de vidas en
Hiroshima no ano 1945.
É ben certo que non ten moito sentido expoñer como unha
xoia da aviación un vehículo que foi un dos medios necesarios para cometer un
crime humanitario; pero sen embargo, cómo debemos considerar que un campo de
concentración nazi como é o de Auschwitz, onde foron asasinados e sometidos a
innumerables torturas arredor de millón e medio de persoas, entre as que se
atopaban nenos, fora declarado en 1979 patrimonio cultural da humanidade e onde acudiron dende entón 25 millóns de persoas?
A verdade é que nos resulta
bastante incríbel e desconcertante que, ante a gran riqueza patrimonial,
histórica e artística que existe arredor do mundo, se declare patrimonio da
humanidade ou se traten dunha forma “especial, importante” elementos e lugares
tan nocivos para a propia humanidade onde no caso do campo de concentración se
poden ver imaxes como as seguintes:
http://www.diariohuarpe.com/interesante/en-fotos-auschwitz-70-anos-despues/
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh9_9Sk4-xI5hodJQKZNZRu1KVtcWQ_Vlpad4vtIPHAoj118XGOh_fZfQ9OJUdidA-0NbjjlbCeJbp4XCFSOA0X0d7ZQKQnKDVV3uq-Bt21sQmeoHLYjyq0zfouCL4Ux09DFHikOn0NO1pn/s320/auschwitz09ht6.jpg
No hay comentarios:
Publicar un comentario